GALICIA

Cinco novos deputados do PPdeG toman posesión no Parlamento

FotorCreated
photo_camera As cinco posesións dos cinco deputados.

María Antón Vilasánchez, pola provincia da Coruña; Daniel Vega Pérez, por Lugo; Antonio Mouriño Villar, por Ourense; e Silvestre José Balseiros Guinarte e Alberto Pazos Couñago, pola provincia de Pontevedra.

Cinco novos deputados do Partido Popular de Galicia tomaron posesión este martes das súas actas no Parlamento galego en substitución dos delegados provinciais da Xunta, así como do xefe de Gabinete do presidente da Xunta tras os primeiros nomeamentos de Feijóo.

En concreto, son María Antón Vilasánchez, pola provincia da Coruña; Daniel Vega Pérez, por Lugo; Antonio Mouriño Villar, por Ourense; e Silvestre José Balseiros Guinarte e Alberto Pazos Couñago, pola provincia de Pontevedra.

Mentres que María Antón Vilasánchez, Antonio Moriño Villar, Silvestre José Balseiros Guinarte e Alberto Pazos Gouñago prometeron cumprir e facer cumprir o Estatudo de Autonomía e a Constitución, Daniel Vega Pérez, xurou o seu cargo.

Te puede interesar