Ordenan prisión para os dous gardas civís e para outro dos detidos por revelación de segredos

Os outros tres arrestados quedaron en liberdade con cargos tras pasar a disposición xudicial
O titular do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra ordenou prisión para tres dos seis detidos en relación a unha suposta revelación de segredos sobre investigacións da Guardia Civil, parte delas sobre asuntos de narcotráfico. Concretamente, ordenouse prisión provisional para os dous axentes e para un dos outros arrestados.

Segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press, os seis detidos pasaron a disposición xudicial nas últimas horas e decretouse o ingreso no cárcere dos dous gardas civís -que traballaban na provincia de Pontevedra- e para outro dos detidos. Os outros tres cidadáns detidos quedaron en liberdade con cargos.

A Guardia Civil realizou estes arrestos nos últimos días, como froito de investigacións levadas a cabo polo propio Instituto Armado no marco da loita contra casos de corrupción que poidan darse dentro e fóra da institución.

REVELACIÓN DE SEGREDOS
Así, aos dous compoñentes da Guardia Civil arrestados impútaselles a suposta comisión dun delito de infidelidade na custodia de documentos oficiais; mentres que aos outros catro detidos, todos eles residentes na provincia pontevedresa e, polo menos algúns deles, veciños da bisbarra de Arousa; atribúeselles un suposto delito de revelación de segredos.

Segundo informa a Guardia Civil, 'do coñecido ata o momento' considérase que o período de tempo no que se levaron a cabo as actividades ilícitas 'é bastante limitado'.

A investigación foi dirixida conxuntamente polo maxistrado titular do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra e o Fiscal antidroga.

Te puede interesar