Preferentistas de Vigo escenifican a visita do Príncipe para criticar que se "censurasen" as súas protestas

Los afectados por las preferentes y subordinadas de Vigo, teatrealizan una comida
photo_camera Los afectados por las preferentes y subordinadas de Vigo, teatrealizan una comida

Con este acto, quixeron denunciar, por un lado, "a falta de consideración" do Príncipe Felipe cara aos afectados e, por outro, a "represión" á que foron sometidos cando intentaron levar a súa protesta ao acto, xa que "foron despoxados dos seus obxectos sonoros".

Afectados por participacións preferentes e subordinadas da plataforma de Vigo-Val Miñor escenificaron este mércores, ás portas da sede central de Novagalicia Banco na cidade olívica, a visita que a pasada semana realizou o Príncipe de Asturias a Vigo, na que, segundo denunciaron, se "censuraron" as súas protestas e impediúselles achegarse para facer visibles as súas demandas.

Un grupo destes afectados deuse cita este mércores ante a sede do banco caracterizados como autoridades, axentes de Policía e coas súas camisetas amarelas para reeditar, na súa propia versión, a visita do Príncipe a un coñecido hotel da cidade, onde recolleu a Medalla de Ouro da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

Nesta representación tampouco faltaron mesas con comida, e os carteis de denuncia que acompañaron aos afectados dende que iniciaron os seus actos reivindicativos, hai máis de dous anos.

Co acto deste mércores, quixeron denunciar, por un lado, "a falta de consideración" do Príncipe Felipe cara aos afectados e, por outro, a "represión" á que foron sometidos cando intentaron levar a súa protesta ao acto, xa que "foron despoxados dos seus obxectos sonoros".

Te puede interesar