Unha vela acendida causou o incendio dunha vivenda en Santiago

Unha candea que quedou acendida nun dormitorio foi, segundo informou a Europa Press o 112, o que causou o incendio nunha vivenda en Santiago este mesmo luns.
O lume produciu danos no citado cuarto e na entrada da vivenda, mentres que o fume danou o resto das dependencias da casa e as zonas comúns do edificio.

En todo caso, segundo as mesmas fontes, este incendio nun céntrico inmoble da capital galega -unha primeira planta no número 3 da Avenida de A Coruña- só deixou danos materiais que lamentar.

A chamada que deu o aviso do incendio ao 112 produciuse ás 11.21 horas deste luns, e derivou coa mobilización da Policía Nacional, a Policía Local e os Bombeiros de Santiago. Estes necesitaron '15 minutos', segundo o 112, para sufocar as chamas.

Te puede interesar