Pretende suprimir o complemento específico das dúas pagas extras, que supón o 40%, para aforrar 125 millóns de euros

A Xunta recortará un 4% de media o soldo dos funcionarios o vindeiro ano

Representantes sindicales y funcionarios protestan durante la reunión de la Mesa de la Función Pública. (Foto: LAVANDEIRA)
Os funcionarios xa saben o recorte salarial que quere facer o Goberno galego para o vindeiro ano. Será dun 4% de media, co que a Xunta calcula un aforro duns 125 millóns de euros, aos que hai que engadir 90 millóns da lei de medidas. A comunicación das malas novas logo do anuncio dos recortes chegou nas dúas reunións programadas xusto antes de catro días festivos: a que mantivo a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, para explicar os Orzamentos de 2013 e a que celebrou o director Xeral de Función Pública, José María Barreiro, coa Mesa de Negociación dos Empregados Públicos, convocada esta con carácter de urxencia.
Onte os funcionarios souberon que o recorte que terán que soportar, un terzo do total dos 300 millóns nos próximos Orzamentos, se fará coa supresión do complemento específico das dúas pagas extras, ao que pode meter man a Xunta, polo que veranse reducidas nun 40%.

A Xunta sostén que este ano ingresarán o 60% de cada unha delas en vez de perder unha extra completa, co que 'recuperarán un 3% respecto a 2012, que supuso unha merma dun 7%. Segundo Muñoz, a recuperación de fondos respecto a este ano será progresiva. Así, os salarios máis altos recuperarán case un 1% fronte ao 5% os máis baixos. Dándolle a volta, os que menos cobran perderán un 2% do que deberían percibir de manterse a totalidade das dúas extras e os soldos maiores un 6%, sen tocar as remuneracións mensuais.


ADVERTENCIAS SINDICAIS

Os sindicatos, en cambio, advierten de que ademáis da supresión do complemento específico cunha reducción dun 4% de media, hai que engadirlle a subida do IPC dun 2,9%, co que 'é una rebaixa salarial arrededor do 7%'. 'Estas son as contas que hai que botar', sinalou Ramiro Otero, de CC OO, despois de reunirse co director xeral de Función Pública, José María Barreiro.

José Francisco Sánchez-Brunete, secretario de acción sindical do CSIF, denuncia tamén que nos últimos tres anos acumulan 'un 27% de perda de poder adquisitivo'. Os representantes sindicais ven como 'tomadura de pelo' que se lles presente estas medidas salariais 'como un incremento dun 3%fronte a 2012 porque nin os de ciencias nin os de letras somos capaces de entendelo', como tampouco entenden que a Xunta 'convocara a reunión sen ter un so papel na mesa.

Aínda non saben como van recortar aos temporais. Parece ser que se Rajoy volve a suprimir a extra, isto non se produciría, pero xa non sabemos que crer'. A Policía tivo que intervir para que os representantes da Xunta poidesen saír, xa que lles esixían 'a presenza de Feijóo para explicar as súas mentiras' e tamén para que non entrasen 300 traballadores que protestaban fóra.

Te puede interesar