Actor e monologuista

Carlos Blanco: ‘Comando Chef é unha idea moi curiosa’

O actor galego Carlos Blanco. (Foto: Archivo)
Este xoves, o actor e monologuista Carlos Blanco acompañará na TVG ao Comando Chef na cea que cada semana tén lugar na casa dun galego anónimo.
O coñecido actor e monologuista Carlos Blanco, fixo unha pequena paréntese nas represantacións do seu novo espectáculo ‘Folc Oral’, para asistir como convidado a cea do Comando Chef.

Cando lle propuxeron participar no Comando Chef, ¿que lle pareceu a idea?

Pareceume unha idea moi curiosa o feito de chegar por sorpresa onda unha persoa a que lle gusta o teu traballo, polo que aceptei moi rápido.

¿E como reacionou o anfitrión ao velo chegar?

Neste caso era anfitriona e o encontro foi moi divertido. A sorpresa foi mutua porque eu coñecía á señora, que é de Vilagarcía, e tamén me fixo ilusión. Eu dicíalle que de seguro preferiría cear con Bisbal, pero ela, moi amable, dixo que me prefería a min.

¿Como foi a velada en xeral?

Encantadora; realmente foi una comida entre amigos. Por unha banda, como lle dixen, eu xa coñecía á señora, así coma a André Arzúa e a Rafa Durán. Pola outra, téñolle moito cariño a Isabel dende que traballamos xuntos en Mareas Vivas. A esto hai que engadir que a comida estaba deliciosa e disfrutamos dun bo viño e que as risas foron constantes. O dito, disfrutei dunha comida entre amigos.

¿Con que momento se queda?

Non sei; con ningún en concreto. Quédome máis cunha sensación, co agradable que resultou todo. Eu coñezo os entramados da televisión por dentro e sei o impacto que produce o feito de que de súpeto se meta un equipo completo, co material técnico correspondente, na túa casa. Non é nada fácil. Eu pensaba: ¡Ai pobre muller a que se lle vén encima! Porén, a situación resolveuse ben e todo foi moi fluido.

¿Hai algunha anécdota destacable?

Qizais o mais destacable foi o sufrimento do pobre André. Fóiselle a luz varias veces e tivo que sacar a cea cociñando nun forno que se acendía e apagaba constantemente.

Superado este obstáculo, ¿cal foi o resultado?

Estaba todo riquísimo. André estaba queixoso porque todo lle parecía escaso, pero a realidade é que preparou tres platos boísimos. Este rapaz é un crac. Moi poucos cociñeiros aceptarían este reto, porque é un risco serio. Non me imaxino eu a Ferrán Adriá disposto a cociñar co que se atope nunha casa. Se vén a miña tería serios problemas (risas).

E a vostede, ¿como se lle da o da cociña?

Gústame cociñar e deféndome. Eu son moito de cociñar peixe. Non fago nada sofisticado, pero si que lle poño moito cariño, seguindo o refrán que di: ‘A boa cociñeira non lle da o cu a lareira’. É dicir, gústame cociñar a lume moi lento e cunha atención constante, aínda que aproveito para ir facendo algunha outra cousa. O resultado non está mal, aínda que non ten nada que ver co que fai André.

A nivel persoal, ¿que lle aportou esta experiencia?

Viaxei en hummer (risas), algo que nunca fixera e que me fixo moita ilusión. Polo demais, non teño mais que realcar que foi unha tarde noite moi agradable, que, en definitiva, supoño que era o que se pretendía.


Te puede interesar