Actor e humorista

José Manuel Rodríguez, ‘Isi’: ‘Comando Chef achéganos aos fans’

José Manuel Rodríguez, 'Isi'. (Foto: Arquivo)
Esta noite a TVG achéganos unha emisión máis do novidoso programa de cociña ‘Comando Chef’, coa presenza do showman ‘Isi’ como convidado de honra.
Como José Manuel Rodríguez case ninguén o coñece, pero como ‘Isi’ chega ás casas de milleiros de galegos co seu inconfundible humor cargado de naturalidade e espontaniedade. Esta noite, na Televisión de Galicia, el será o convidado sorpresa dun novo asalto do ‘Comando Chef’ a casa dunha fiel seguidora.

Que lle parece a idea que ‘Comando Chef’ transmite en cada programa?

Moi bonita. Supón unha oportunidade de poñernos en contacto e dar as gracias á xente anónima que nos admira dende os seus fogares e demostrarlles que nós somos persoas correntes cunha vida normal dentro do mundo do espectáculo.

Cómo foi a reacción da anfitriona cando o viu?

Levou as mans a cara. Víase nela esa mezcla de incredulidade e alegría, á vez que debía de estarse preguntando ‘que fai este na miña casa’. A verdade é de destacar a boa acollida que nos deu a todos; ¡imaxínate! de súpeto presentaseche o Comando para asaltar a túa casa, e, tras eles, un equipo de cámaras e técnicos que van dun lado a outro grabando todo e facendo sitio por onde poden entre as túas cousas. Hai que recoñecer a paciencia que tivo a señora, non deixaba de repetir que non nos preocupáramos, que non pasaba nada, a pesar do caos reinante.

Cómo transcurriu a noite?

Todo estivo moi ben. A cea, o trato da señora que nos recibiu na súa casa, o pendente que o equipo técnico estivo en todo momento para que non nos faltase de nada. Todo perfecto.

Destacarías algún detalle da velada?

Gustoume moito a cara do marido da anfitriona, el estivo todo tempo tras as cámaras, pero viaselle moi feliz por ver á súa dona contenta coa sorpresa. Resaltaría tamén o sentimento da amizade, o feito de contar con amigos que te coñecen e que te sorprenden con detalles tan bonitos como este é realmente un tesouro. Eu penso que se contas con saúde, familia que che dea cariño e amigos que te apoien e axuden tes toda a vida arranxada.

E o menú da cea, como o calificarías?

Estupendo, de verdade. As veces neste mundo do espectáculo tes que finxir e por boa cara aínda que non che guste, pero neste caso, nunha hora e co que André Arzúa atopou na cociña da anfitriona saíu un menú exquisito. Un fenómeno de cociñeiro.

Se o Comando se presenta de improvisto na súa casa, que atoparía?

A verdade é que de todo. A miúdo recibo visitas de amigos e gustame ter a despensa chea para poder ofrecer sempre unha cea aos meus convidados. Despois, á hora de cociñar, eu son máis ben de facer cousas sinxelas, sen moita elaboración.

Se tiveses que poñerte no lugar dalgún integrante do Comando, a quen escollerías?

No de Isabel (Blanco), sen dúbida. A min a idea de conducir un programa encantame, eu que son tan falador e que a xente me identifica cun persoaxe fresco e espontáneo como é Isi estaría moi a gusto nese papel.


Te puede interesar