CON TEXTO

Tempo transfigurado

Esté libro é a última aventura poética de Cesáreo Sánchez, un libro para amantes da poesía e máis para os melómanos

Pouco doado ler este libro, a última aventura poética de Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín-Irixo, 1951), sen se deixar levar pola sús música, implícita e explícita. E é que “Tempo transfigurado” (Tambo/ Kalandraka, Pontevedra, 2017) é todo un tratado musical, un libro para amantes da poesía mais tamén para melómanos, consumados ou sen consumar.

 Pois que cada un destes poemas vén dado por unha melodía, un suite, un movemento, un momento musical, marcados  polo tempo de Cesáreo Sánchez Iglesias un dos nosos mellores poetas, se acaso un pouco na escuridade polo seu labor como activista cultural.

Así e todo detrás deste libro hai unha carreira poética, de corredor de fondo, dun autor que non traba o anzol da actualidade, nin sequera do cotián, para procurar ese banzo superior que sen deixar a ética procura beber do cáliz estético.

Eis, como exemplo, este libro fermoso, continente e contido que ben podería lerse na compaña da música proposta polo seu autor. E pois eu tamén son melómano, disimulade pola intrusión persoal (son, como diría Unamuno, quen teño máis á man), non podo vitar a tentación de viaxar por “Tempo transfigurado” poñendo na mente a banda sonora disposta por Cesáreo: de Schubert a Lopes-Graça, pasando por “tutti quanti” teñen feito música da grande (ou da chamada lixeira, non sempre con acerto, eis o caso Smith-Dylan que aquí tamén se deixan aloumiñar polo verbo afinado de Cesáreo Sánchez Iglesias). 

Acontece que este poeta non cae na trampa de adornar os seus poemas con alusións moi  obvias, por máis que se vén a conto (eis o caso Sibelius) a evidencia “vals trister” sexa do máis esperable (e plausible).

Ora, o que fai este poeta é deixar que o seu lector bote man da súa propia sensibilidade nun “motu proprio” tan esencial como o “tempo” aplicado aos seus poemas. En verdade engaiolantes desde a lonxitude razonable impresa polo de Dadín-Irixo. Un libro que, polo demais, ten moito de “suite”, sendo os poemas secuencias da memoria sensible.

E iso ben pode ser a poesía. Ese agasallo que xorde para expresar o que non dá explicado a filosofía e soamente superado, como xeito expresivo, pola música. De xeito que aquí combinan ben ligadas estas dúas artes ou maneiras estéticas (e aínda éticas).

Te puede interesar