Abre o prazo de inscrición para participar na Feira de Nadal de Verín

1M1A3046FEIRA DE NADAL DE VERIN_D
photo_camera Imaxe da feira de nadal do pasado ano en Verín.
O Concello de Verín celebrará o evento os días 9, 10 e 11 de decembro

O Concello de Verín organizará os días 9, 10 e 11 de decembro na Praza Maior de Verín a súa tradicional Feira de Nadal. De cara a súa organización, o ente municipal acaba de abrir o prazo de inscrición para os expositores da cita.

As persoas interesadas en participar na feira deberán enviar á organización as ideas e propostas do seu produto, así como da decoración do seu stand. Dende o Concello informan que "dada a limitación de espazo para expor os produtos, realizarase a asignación de postos por selección temática", así como a "decoración navideña do stand e do mobiliario corre a cargo do expositor". 

Os interesados en participar deberán cumprir unha serie de requisitos que se amosan na páxina web do Concello de Verín e facer o pagamento de 45 euros -cota de participación-. A data límite para anotarse é o 20 de novembro de 2022. 

A Feira de Nadal terá horario de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas. Ademais, os interesados poderán participar tamén de maneira voluntaria o día 12 pola mañá na feira mensual que se celebra. 

Te puede interesar