A Academia Makers forma en Verín a 19 persoas en emprendemento

 10,30 h.-         A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, inaugurará por videoconferencia o primeiro curso para persoas emprendedoras da Academia Makers. Na sala de xuntas da Consellería (3º andar).  
foto xoán crespo
photo_camera Margarita Ardao, na inauguración do curso.
O taller no Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín busca dinamizar na Eurorrexión a iniciativa empresarial

O taller de competencias básicas de emprendemento da Academia Makers no Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ourense Centro Sur -situado en Verín- comezou este martes con 19 participantes. Margarita Ardao, a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, foi a encargada de inaugurar este curso para persoas cunha idea previa de negocio que desexan desenvolver seguindo a filosofía “maker”.

A directora xeral destacou a oferta da Xunta de Galicia que “vén de deseñar un conxunto integral de actividades formativas cuxo obxectivo é proporcionar aos makers maiores de 18 anos as ferramentas que permitan converter a súa idea ou o seu prototipo nunha idea de negocio ou unha mellora innovadora ao servizo das empresas da Eurorrexión”. Neste sentido, a Academia Makers é un proxecto enmarcado no programa transfronteirizo “Emprende Makers”, co obxectivo de dinamizar a iniciativa empresarial en Galicia e o norte de Portugal.

O taller de competencias básicas de emprendemento estreouse coa actividade “Como presentar a miña idea: O pitch”, que se prolongará durante sete sesións máis para traballar o modo de presentarse ante as corporacións, como tratar aos clientes, explotar as vendas e a construción de modelos de negocio escalables e finanzas para o emprendemento.

Te puede interesar