ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
A Xunta porá en marcha o próximo 30 de agosto un taller de competencias básicas de emprendemento para persoas de máis de 18 anos cunha idea de negocio que desexen desenvolver seguindo a filosofía “maker”. Estas sesións celebraranse no Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ourense Centro Sur, localizado en Verín. Así o apuntou onte Margarita Ardao, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, acompañada de Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense; Yago Borrajo, xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, e José Luis Suárez, presidente da Mancomunidade de Monterrei.
Con estes talleres, o Goberno galego estrea o programa da Academia Makers, que nace para impulsar a capacitación para a creación de empresas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
“A cultura “maker” constitúe un activo crucial para a sociedade e para o seu tecido empresarial e industrial”, remarcou a directora xeral, quen destacou as vantaxes desta metodoloxía, baseada “na idea de aprender sobre o que se fai e que permite democratizar o desenvolvemento de actividades e procesos innovadores que se levan na economía produtiva fomentando o espírito de innovación”.
Así, o primeiro curso gratuíto celebrarase no Polo de Verín -que dá servizo ás comarcas de Monterrei, A Limia, Baixa Limia, Caldelas, Trives e Viana- do 30 de agosto ao 22 de setembro, e as inscricións xa están abertas. É un obradoiro de competencias básicas de emprendemento a través do cal “calquera persoa emprendedora con interese neste mundo adquirirá coñecementos sobre cuestións como a presentación de empresas ante futuros inversores, a construción de modelos de negocio estables ou marketing”, concluíu Ardao.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted sabemos de las fiestas solo por el tráfico?
ENTRE ALGODONES
Lamine Yamal: “No estoy para jugar un partido completo”