A Praza Ángel Medeiros de Albarellos será o escenario do Festival de Folclore que chega a esta localidade de Monterrei. Unha iniciativa organizada polo Concello en colaboración coa Deputación de Ourense. A cita xa estivo o mércores en Bande e estará o venres en Allariz.
Este xoves, ás 21,00 horas, a Escola de Danza Castro Floxo e o Centro Galego de Bos Aires encherán Albarellos de música tradicional.