Os alumnos do IES de Celanova impulsan un clube de lectura

Socializar a experiencia lectora, descubrir o potencial de interrelación persoal que facilita o feito de compartir afinidades lectoras, concienciar de que a lectura é un feito que se proxecta en múltiples planos da cultura e da vida, así como abrir un oco á lectura e ás actividades asociadas a esta entre a oferta de ocio que se enfronta o alumnado, son algunhas das premisas que motivaron ao departamento da biblioteca do Instituto celanovés a posta en marcha do novo clube de lectura entre o alumnado.
As instalacións monacais do centro de ensino celanovés acollerán cada martes pola tarde a unha veintena de potenciais usuarios do clube que levará por nome 'Sen bruxas nin demos', frase extraída dun famoso poema de Curros, 'O maio'. 'É toda unha declaración de intencións. O maio de Curros, poeta celanovés e universal, falaba dun tempo futuro no que os mozos vivisen o florecer da razón, o progreso e a cultura en Galicia, un maio futuro que nós queremos construír hoxe', destacaban os responsables da biblioteca do IES celanovés.


VARIEDADE DE XÉNEROS

Agatha Christie, Dickens, Julio Verne, Arthur Conan Doyle, Domingo Villar, Darío Xohán Cabana ou Eduardo Mendoza serán algúns dos autores que se poderán leer no marco do primeiro clube de lectura celanovés que, tal e como subliñaban os responsables da biblioteca, 'irá mais alá da simple lectura e debate sobre o libro en cuestión'. O programa aprobado inclúe lecturas compartidas en voz alta de textos, extraídas do propio libro escollido, visionado de películas baseadas no libro ou sobre o mesmo tema, teatro lido, debates sobre a temática suscitada polo libro, así como audición de pezas musicais relacionadas co texto ou coa súa temática.

Te puede interesar