A Asociación de Centros de Día impartirá unha charla en Verín: cando e onde

Esta asociación dará a coñecer a realidade dos centros de día e a súas funcións

A Asociación de Centros de Día de Galicia (ACDgal) impartirá unha conferencia en Verín este venres na que explicarán a realidade dos centros de día e a súa función día a día: espazos terapéuticos que acompañan e apoian ás persoas maiores na continuidade dos seus proxectos de vida. 

A cita estará conducida por Ángeles Álvarez, presidenta da asociación, e Pedro López, secretario de ACDgal. Eles resolverán as dúbidas aos asistentes sobre os centros de día, un servizo que se ofrece ás persoas maiores e as súas familias, o que tamén facilita a conciliación familiar e laboral.

“Nos centros de día acompañamos e apoiamos as persoas que precisan ese apoio que ofrecen os nosos traballadores, pero que queren envellecer na súa casa”, explican dende a asociación galega, os que explican que “nestes centros tentamos evitar a soidade non desexada, manter activos física e mentalmente aos maiores e previr a deterioración cognitiva e física, en espazos preventivos terapéuticos e socializadores”. 

Así, os interesados en coñecer o funcionamento dun centro de día poderán asistir á charla no centro de día Solleira de Verín ás 20,00 horas. Para acudir é preciso realizar unha inscrición previa no centro verinés a través do enderezo electrónico [email protected], pois o aforo máximo permitido na sala é de 30 persoas.

Te puede interesar