Concerto

Aterra no Auditorio de Verín a música latina e o jazz

Ourense 29/7/20
Concierto Alfonso Medela trío dentro del verán cultural en la terraza del CC Pontevella 

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Imaxe de arquivo dun concerto de Alfonso Medela, Luís Vivas e Loren Tabarés. (Foto: Martiño Pinal).
As entradas gratuítas estarán dispoñibles dende o xoves no Auditorio de Verín

O vindeiro sábado, o Auditorio Municipal de Verín recibe a catro artistas musicais a través da Rede de Auditorios de Ourense (ReaOu) da Deputación de Ourense. 

Os encargados de encher o recinto de música son o grupo "Medela Cuarteto Latín Jazz", que ofrecerá unha visión máis ampla e pedagóxica dos diferentes estilos da música moderna, penetrándo na música latina e no jazz.

Este grupo xorde a raíz de que Pablo Añón, prestixioso saxofonista do panorama internacional, se unira a un trío consolidado como músicos residentes no Café Latino de Ourense, templo do jazz galego: Alfonso Medela, pianista e compositor, Luís Vivas, un baterista versátil en todos os estilos de música moderna, e Loren Tabarés, un dos pioneiros do jazz en Galicia.

concerto verín

Deste xeito, os amantes da música poderán desfrutar desta actuación musical que aterra no Auditorio o sábado ás 12:00 horas, con entrada gratuíta. Iso si, dende o Concello recordan que é preciso reservar asento para controlar o aforo e cumprir as normas sanitarias establecidas polo covid-19. 

As entradas estarán dispoñibles dende mañá xoves no propio Auditorio, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Cabe salientar que teñen preferencia os alumnos do Conservatorio de Música de Verín (Cmus).

A iniciativa, organizada polo Concello de Verín a través da Deputación, xorde a petición da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) do Cmus de Verín, na súa labor e traballo por visibilizar o potencial musical e ofrecer unha ampla gama de actividades relacionadas coa música na vila do Támega. 

Así, os pais e nais dos alumnos do Conservatorio, en colaboración con toda a directiva e mestres da escola de música, buscan a maneira de potenciar a música na vila, xa que "como demostramos, cremos que é moi importante dinamizar o consevatorio e que si que ten futuro na nosa vila", conclúen dende a Anpa.

Te puede interesar