A Banda de Gaitas Nova Era publica o seu novo traballo: "Outros Compases: Cara A"

Foto de promo  Banda de Gaitas Nova Era_resultado
O novo EP combina xéneros dispares

A Banda de Gaitas Nova Era da comarca de Monterrei xa sacou á luz o seu novo EP: "Outros Comapases: Cara A". Este é o seu segundo traballo discográfico, co que pretenden dar o seu toque musical ao que foi un ano marcado pola pandemia.

"Outros Compases" componse de tres cortes: "Fía", "O Soño Da Tutuá" e "Fantasía: Ano V", e Daniel García, director da Banda asegura que "o nome do EP fai referencia directa ás cintas de casette que todos temos por casa onde a maxia estaba en ter dúas caras con diferentes músicas".

Así, o disco é un traballo onde se combinan xéneros dispares con total liberdade e ca intencionalidade de levar a música da gaita a novos recunchos. 

Este novo traballo súmase ao seu primeiro disco, "Rumbo NE", que vén de cumprir un ano, facendo que a agrupación comece o 2021 con ilusión e con novos proxectos para amosar a través da música que "a cultura é segura", remarcan.

Te puede interesar