A Biblioteca de Verín pecha o ciclo de videoconferencias con máis de mil visualizacións

Alumnos de Verín en una videoconferencia de la Biblioteca de Verín
photo_camera Alumnos durante la videoconferencia. (Foto: cedida).
Eva Mejuto foi a encargada de pechar o ciclo de videoconferencias temáticas 

Esta mañá, a Biblioteca de Verín clausuraba o seu ciclo de videoconferencias temáticas coa presentación do libro "Memorias do silencio" de Eva Mejuto, na que participaron 80 menores do IES Castro de Baronceli e do CPR María Inmaculada. 

"Memorias do silencio" é unha novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial. Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con esta obra, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con "22 segundo" -Xerais, 2017-.

Ciclo de conferencias

Esta videoconferencia puña o broche final a este novo formato online organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín, que vía a luz este ano froito da actual situación sanitaria provocada polo coronavirus.

Esta actividade estivo formada por un total de 7 conferencias temáticas variadas -con 8 relatores- que foron visualizadas por máis dun milleiro de persoas na canle oficial de Youtube da Biblioteca.

Segundo destacou Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín, "estamos moi contentos co resultado desta iniciativa, tanto pola gran acollida obtida por parte dos centros educativos e o seu alumnado como polo aumento de subscritores logrado na canle de Youtube da Biblioteca, que se duplicou nestes meses acadando preto das 50.000 visitas".

Pola súa banda, dende a Biblioteca quixeron "agradecer a súa colaboración aos centros de ensino, profesores e profesoras, ao alumnado, aos seguidores que temos en Youtube, novos e antigos, e a concelleira de Cultura Emilia Somoza, porque estivo presente en todas as conferencias que lle foi posible por axenda". 

Te puede interesar