A Biblioteca de Verín recibe libros doados pola familia Taboada

Biblioteca de Verín.
photo_camera Imaxe de arquivo da Biblioteca de Verín. (Foto: cedida).
La donación principal fue de libros de Don Manuel Núñez González

A Biblioteca Pública Municipal de Verín vén de recibir por parte da coñecida familia Taboada -Don Xesús Taboada Chivite foi un ilustre verinense-, concretamente de Don Xesús Taboada Cid, unha doazón de diversos libros de finais do século XIX e comezos do XX de Don Manuel Núñez González -o gran poeta de Vilardevós.

Os exemplares que recibiu a Biblioteca son "Monografía: Poesía popular Gallega" do ano 1894, "Salayos: Versos Gallegos" do 1895 e "Efusivas: Composiciones en verso" do ano 1908.

Ademais, a familia Taboada tamén lle ofreceu desinteresadamente ao ente municipal o libro "Estudios de Derecho Civil", obra de Felipe Sánchez Román -obra que foi parte da Biblioteca de Don Manuel Núñez- do 1899 e a obra "Episodios del Exilio", do autor Antonio Fernández Pérez, do ano 1984.

Te puede interesar