A obra de adecuación do interior do edificio costará 240.000 euros

A Casa da Xuventude acollerá a oficina turística

Entrada de la Casa da Xuventude de Verín, que se convertirá en oficina de turismo. (Foto: MARCOS ATRIO)
O Concello de Verín e a Axencia Turismo de Galicia subscribirán un convenio de colaboración, autorizado mediante un proxecto de acordo aprobado no último Consello da Xunta, para a execución das obras de adecuación da Casa da Xuventude para a súa utilización como sala de exposicións e oficina de turismo.
En virtude do convenio, Turismo de Galicia financiará os custos derivados da elaboración do proxecto básico e de execución, así como da execución da obra, que supoñen 240.000 euros. O obxectivo da adecuación é facilitar e dar a coñecer os recursos turísticos da zona tanto na súa vertente cultural e etnográfica como turística.

Na actualidade, tanto a sala de exposicións como a Oficina de Turismo de Verín están situadas na Casa do Escudo da mesma localidade, dedicada tamén a albergue de peregrinos. Co obxecto de destinar exclusivamente a albergue a Casa do Escudo e ampliar as instalacións destinadas a el, acometeranse obras na Casa da Xuventude que permitirán habilitar os dous novos espazos.

De tal xeito, as actuacións que se acometerán na Casa da Xuventude serán a reforma parcial dunha edificación existente, mantendo os usos xerais dela, para albergar unha sala de exposicións e mais a oficina de turismo do municipio, para o que levarase a cabo a reestruturación interior do espazo existente.

Te puede interesar