FOTONOTICIA

O Castelo de Monterrei tínguese da cor do Xacobeo

castillo xacobeo (1)
photo_camera A torre iluminada.

O Castelo de Monterrei, concretamente a Torre da Homenaxe, presume das cores do Xacobeo. Foi un dos seis edificios emblemáticos da provincia elixidos para amosar a frecha amarela e o logo do Xacobeo 21-22 sobre un fondo azul.

Tras iluminarse así o pasado fin de semana, dende este xoves e ata o 2 de xaneiro, o Castelo de Monterrei volverá a tinguirse destas cores. É un acto simbólico impulsado pola Xunta de Galicia para darlle a benvida ao ano santo en 2022. 

Te puede interesar