Catro grupos tradicionais levan os Cantos de Taberna a Verín

cantos de taberna verin
photo_camera Cantos de Taberna en Verín.
As xornadas rematan este domingo cun concerto na Praza Maior

A música tradicional segue a soar en Verín. Tras dous días nos que os integrantes da Banda de Gaitas Nova Era encheron os recunchos da vila de música e lograron acadar un Record Guinness á nota máis alta da gaita, onte percorreron os locais hostaleiros para animar a bailar e cantar aos veciños e turistas. 

Ao caer a tarde, os grupos tradicionais Candaira, Brixel, As Rulas e Nova Era percorreron as rúas de Verín levando os Cantos de Taberna aos establecementos hostaleiros, co fin de impulsar a economía local e encher a vila do Támega de actividade cultural, arraigada á cultura galega. 

Ao remate deste percorrido pola zona vella da vila, chegou a Gran Foliada Popular na Praza García Barbón, na que participaron os veciños amantes da música tradicional. 

Hoxe rematan as III Xornadas de Música Tradicional Nova Era, co concerto “Un serán con Nova Era” na Praza García Barbón ás 20,00 horas. 

Te puede interesar