O Ciclo Mestre Mateo chega ao seu fin en Verín

Casa da cultura de Verín renovada (3)
photo_camera Casa da Cultura de Verín. (Foto: C.C.)
A Casa da Cultura acollerá a proxección do filme "Jacinto" de Javi Camino

O Concello de Verín pecha as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo. A derradeira cita será este venres, 2 de decembro, ás 19,00 horas na Casa da Cultura, coa proxección do filme "Jacinto" de Javi Camino. 

"Jacinto" é o novo filme de Javi Camino, no que mistura algo de "terror rural" e outro tanto de sentido do humor ambientado en Galicia. A película estreada en Sitges, conseguiu o emocionante premio a Mellor Interpretación Masculina Protagonista, outorgado de forma póstuma a Pedro Brandariz, falecido en febreiro de 2022, o de Mellor Dirección de Arte, Mellor Maquillaxe e Salón de Peiteado e Mellor Vestiario nos Premios Mestre Mateo 2022.

Nesta peza audiovisual o espectador coñecerá a Jacinto, "un adulto coa mentalidade dun neno que vive en Mallou, unha sombría aldea abandonada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño", explican dende a organización da actividade.

O ciclo en Verín

O Ciclo Mestre Mateo é un circuíto de cinema galego impulsado pola Academia Galega do Audivoisual co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense, dirixido a concellos e vilas que desexen incluir na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual. 

Te puede interesar