ENTROIDO

Abre o prazo de inscrición do obradoiro do Cigarrón en Verín: cando e como anotarse

190215 OBRADORI CIGARRON_CARETA 1M1A0681 CMZ
photo_camera Alumnos de edicións pasadas do taller. (Foto: cedida).
O Concello de Verín recupera o taller para manter o respecto pola máscara

Volve o obradoiro do Cigarrón a Verín. O Concello promove anualmente, dende 1997 e excepto o pasado curso, actividades formativas que teñen como obxectivo que o Cigarrón, a máscara con máis significado patrimonial do Entroido de Verín, se manteña dentro dun canon de respecto polas formas tradicionais. 

Para iso, o obradoiro do Cigarrón transmite como facer todos os seus elementos constitutivos, salvo os compoñentes de produción industrial e o pintado da careta e da mitra. Coa recuperación deste taller, o Concello abre o prazo, ata o 23 de novembro, para solicitar participar na edición 2021-2022.

A Xunta de Goberno local, na sesión celebrada o pasado luns, aprobou por unanimidade o proxecto, que se prevé que remate antes do Xoves de Compadres do vindeiro ano. As persoas maiores de idade, que teñan as tardes libres, poderán facer a máscara completa ou partes da mesma -traxe ou careta- para o que terán que levar todos os materiais e instrumentos necesarios.

Para facer o traxe é necesario ter coñecementos básicos de confección con máquina, a que cada alumno deberá levar. Ademais, precísase ter adquiridos fundamentos previos sobre labores de punto con agulla de calcetar e tecido con agulla de gancho.

As prazas dispoñibles son de 20 alumnos, das que oito -como mínimo- serán para persoas que queiran facer todas as actividades -por un prezo de 95 euros-, mentres que un máximo de 24 serán para actividades parciais, elixindo entre careta ou traxe -cun custo de 75 euros-.

Te puede interesar