cine

O cinema verinense acolle unha das últimas sesións antes do verán

Como xa vén sendo habitual, o cinema municipal de Verín volta a ofertar esta fin de semana dúas novas proxeccións na sala que está habilitada na Casa da Cultura da vila. Nesta ocasión os dous filmes escollidos son "Capitán Calzoncilos, su primer peliculón" e "La excepción que confirma la regla". A primeira destas películas, de animación, proxectarase en horario de 17.00 e 19,30 horas, tanto na xornada do sábado coma na dominical.  

Polo que atinxe á segunda largometraxe terá as 22,00 horas como hora de inicio do seu pase. As entradas estarán dispoñibles, coma sempre, media hora antes do inicio de cada unha das sesións no propio salón de actos da Casa da Cultura de Verín. 

  Durante a época estival as proxeccións no cinema municipal da Casa da Cultura sufrirán un parón pola chegada das proxeccións de películas ao aire libre.

Te puede interesar