VERÍN

O Clube de Lectura de Biblioteca de Verín chega aos sete anos

O clube de lectura da Biblioteca Municipal de Verín celebra o seu sétimo aniversario cun alto nivel de participación. Dirixido dende case o seu inicio pola funcionaria da Biblioteca Aurora Prieto Tarrio, o Clube conseguiu organizar un ciclo estable de dúas reunións por mes. Na actualidade conta con 10 membros (aforamento máximo permitido para o óptimo desenvolvemento da actividade), que participan de maneira fiel e activa en todas as reunións. O libro seleccionado para esta semana é “La analfabeta que era un genio de los números”, do escritor sueco Jonas Jonnason. O prazo de inscrición ábrese do 19 ao 31 Outubro, cun máximo de 10 usuarios/as, socios/as da Biblioteca e maiores de idade. 

Te puede interesar