A comarca acolle unha formación de alfabetización dixital no rural

Ordenador portátil. Pixabay
photo_camera Ordenador portátil. Pixabay

A Mancomunidade de Municipios da comarca de Monterrei, a través da oficina de orientación laboral, organiza un taller de alfabetización dixital no ámbito rural gratuíto que comezará de inmediato. Esta formación realizarase en Verín, onde se atopan as dependencias da entidade.

Dende a Mancomunidade recordan que é “importante formarse para traballar e atopar onde, ou mellorar o emprego”, polo que lanzan este taller formativo para todos os veciños da comarca. Ademais, as persoas interesadas en anotarse e participar poderán “pasar polas nosas oficinas a partir de mañá, ás 09,30 horas, por se hai dúbidas sobre a formación”, conclúen dende a Mancomunidade.

Te puede interesar