Como facer a Ruta do Viño de Monterrei do 2 ao 4 de xuño

Castillo de Monterrei
photo_camera Visita á acrópole de Monterrei
Unha paisaxe distinta, un camiño bañado polas cores do viño, enriquecido polo seu pasado e a súa gastronomía na Ruta do Viño de Monterrei

A Asociación Ruta del Viño Monterrei foi constituida no ano 2009 en Verín (Ourense), co obxeto de promover as adegas e viños amparados baixo a denominación de orixe Monterrei, así como impulsar o desenrolo cultural, social e económico deste territorio.

O programa de actividades da Ruta do Viño de Monterrei terá lugar do 2 ao 4 de xuño. O sábado 3 de xuño faranse diferentes rutas con saídas dende A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo. Os asistentes estarán acompañados por un guía turístico.

El ámbito de actuación comprende el territorio que ocupa a la denominación, conformado por los
ayuntamientos de Oímbra, Castrelo do Val, Vilardevós, Riós, Monterrei y Verín.

- Autobús 1: Saída ás 08,00 horas de Vigo (Praza de España) e volta ás 20,00 horas. Durante a xornada visitaranse as Adegas Terras do Cigarrón, Pazo de Valdeconde e Fragas do Lecer, Verín (ruta urbana e Museo Claustro dos Mercedarios) e o Castelo de Monterrei. Haberá tempo libre para xantar

- Autobús 2: Saída ás 08,00 horas dende Santiago de Compostela (Colexio La Salle). A visita inclue paradas nas Adegas Vía Arxéntea, Fragas do Lecer e Triay, na Igrexa prerrománica de Mixós e na Cidadella (Vilardevós). Haberá tempo libre para xantar.

- Autobús 3: saída ás 08,30 horas dende Ourense (Parque de San Lázaro). A ruta inclúe visitas a Adegas Gargalo, Terras do Cigarrón e Daniel Fernández, o Castelo de Monterrei, a Ruta Europea da Castaña e a Reitoral da Chaira (Centro de Interpretación da Castaña). Haberá tempo libre para xantar.

- Autobús 4: Saída ás 07,00 horas de A Coruña  (Parada de autobús de Entrexardíns).  Durante a xornada, os participantes visitarán lugares tan atractivos como as Adegas Triay e Vía Arxéntea, farán una ruta urbana en Verín e coñecerán Museo Claustro dos Mercedarios desta localidade. As augas mineromedicinais de Verín son un dos atractivos da vila e por eso a visita inclúe unha parada nos mananciais da localidade. Os participantes tamén coñecerán os Lagares Rupestres de Oimbra a través de un novidoso roteiro na vila. A xornada inclúe tempo libre para xantar.

- Autobús 5: Saída ás 07,30 horas da estación de autobuses de Pontevedra. Durante esta visita, os participantes coñecerán as Adegas Pazo de Valdeconde, Daniel Fernández e Gargalo. Tamén se fará unha visita a unha das fortalezas máis singulares de Galicia: o Pazo de Monterrei. Os viaxeiros percorrerán a Ruta dos Lagares Rupestres de Oimbra. Haberá tempo para xantar e descansar do percorrido.

Te puede interesar