Ruta do Viño de Monterrei: Descubre a súa historia e hospitalidade

Ruta del Viño Monterrei
photo_camera Ruta del Viño Monterrei

Na Ruta do Viño de Monterrei faranse diferentes rutas con saídas dende A Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo

Unha paisaxe distinta, un camiño bañado polas cores do viño, enriquecido polo seu pasado e a súa gastronomía na Ruta do Viño de Monterrei.

Maridaxe

Este evento trátase dun seminario de harmonías organizado pola Ruta do Viño de Monterrei, no que os participantes e asistentes descubrirán distintos viños da Denominación de Orixe Monterrei maridados con 5 dos 7 sabores presentes no xamón ibérico. Para participar neste seminario será necesaria unha inscrición previa. O seminario ten un carácter gratuíto e terá lugar o 2 de xuño ás 20,00 horas no Hospital da Trinidade (Castelo de Monterrei).

Observación astronómica

Esta actividade consiste nunha orixinal observación astronómica acompañada de viños da Denominación de Orixe Monterrei. Esta actividade pode sufrir alteracións debido á climatoloxía. É necesaria facer unha reserva previa  para participar. Esta actividade será o vindeiro 3 de xuño e ten carácter gratuíto. Os interesados en asistir terán que poñerse en contacto coa Ruta do Viño Monterrei (988 590 007) para coñecer a hora e o lugar.

O potencial dos viños da comarca

Realización dun túnel de viños organizado pola Ruta do Viño, no que estarán presentes todas as adegas inscritas nela. Cada bodega participante estará representada por un dos seus viños, o cal será exposto xunto a unha ou dúas anadas pretéritas para amosar o potencial envellecemento dos viños da comarca. É necesaria inscrición previa. A actividade será o domingo 4 de xuño, ás 12,00 horas, no Hospital da Trinidade (Castelo de Monterrei) e ten carácter gratuíto.

Visitas en Oímbra

A Ruta dos lagares rupestres é un dos percorridos máis populares do Concello de Oimbra. Esta actividade incluida no programa propón unha ruta sinalizada polos lagares rupestres do concello. Trátase dunha actividade de carácter gratuíto. Tamén no Concello de Oimbra se propón unha visita á adega Lagar “As Barrocas”. Para esta actividade es necesaria a reserva previa na Ruta do Viño de Monterrei (988 590 007).

Información sobre a cultura vinícola

A oficina de turismo de Verín, co gallo da celebración da Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, agasalla cunha bolsa con información específica sobre a cultura vitivinícola de Monterrei e demais recursos da vila balnearia. Será o venres 2 de xuño de 09,30 a 14,00 horas e de 16,30 a 19,00 horas. Tamén haberá unha actividade (sábado 3 de xuño ás 17,00 horas) que vencella viños e cerámica. As artes plásticas maridan á perfección co viño, polo que esta actividade propón aos participantes a realización dunha creación artística de elaboración propia, que servirá como lembranza da Primavera de portas abertas na Ruta do Viño Monterrei.

Visita á acrópole de Monterrei

Esta actividade inclúe unha visita á Acrópole de Monterrei. Trátase dunha visita guiada (individual ou en grupo) ao conxunto da acrópole de Monterrei para a cal é necesaria reserva previa. Estas visitas terán lugar o venres 2, sábado 3 e domingo 4 de xuño, ás 11,00 e ás 19,00 horas. No mesmo recinto tamén se poderá disfrutar da exposición de arte na Sala de Exposicións Hospital da Trinidade o 2 de xuño, de 16,00 a 19,30 horas e o sábado 3 e domingo 4 de xuño, de 12,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.

Actividades para coñecer a comarca

Da man da axencia de viaxes Celma Travel, os participantes na Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia poderán visitar, individualmente ou en grupo, adegas da Ruta do Viño Monterrei e coñecer todos os procesos de elaboración do viño, o patrimonio histórico da zona e as augas minero-medicinais dos balnearios existentes no territorio. Tamén poderán facer rutas de sendeirismo e BTT polo val de Monterrei, visitando as súas adegas, lagares e fontes. Requírese reserva previa. Será o venres 2 de xuño, de 10,00 a 13,30 horas e de 14,00 a 19,00 horas; o sábado 3, de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas e o domingo 4 de xuño de 10,00 a 13,00 horas. 

Te puede interesar