A corresponsabilidade, a través dunha obra de teatro en Verín

384104066_618885243766710_5412562696127891749_n
photo_camera Unha sesión de teatro en Laza.
O CIM da Mancomunidade de Monterrei organiza estas sesións polos sete concellos

O Centro de Información á Muller (CIM), en colaboración cos sete concellos da Mancomunidade de Monterrei, presenta unha nova actividade enmarcada no proxecto “Teatro rural pola corresponsabilidade”. 

Esta iniciativa ten como obxectivo promover a igualdade e fomentar a participación paterna na educación en valores dos nenos da comarca a través do teatro. Algúns concellos da comarca xa desfrutaron das súas obras de teatro e, a próxima cita, será en Verín.

A función “A Misión Secreta de Gala”, que será de balde, celebrarase o 7 de outubro, ás 18,00 horas, no Auditorio Municipal. Esta obra de teatro mostra unha emocionante historia que leva ao público a un mundo de aventuras e soños. 

Dende o CIM e o Concello de Verín animan aos veciños a achegarse ao Auditorio e explican que “esta entretida representación familiar promete momentos de diversión e emoción para todas as idades. Unha oportunidade única para reflexionar sobre a igualdade e a importancia da corresponsabilidade na educación”.  

Te puede interesar