OBRAS

Cortegada remata as obras de recuperación da área termal

Nava2_result
photo_camera Participantes na visita que se fixo á área termal de Cortegada.

O Concello de Cortegada rematou as obras de acondicionamento e sinalización da súa área termal, na que se investiron 90.000 euros, aportadas por Turismo de Galicia

O Concello de Cortegada rematou as obras de acondicionamento e sinalización da súa área termal, na que se investiron 90.000 euros, aportadas por Turismo de Galicia. O alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitaron onte este espazo, situado nunha contorna natural e que agora dispón de espazos máis saneados e accesibles.

O proxecto incluíu dúas intervencións complementarias. Por un lado, actuouse ao longo dun camiño de 750 metros de lonxitude, que vai desde o núcleo urbano ata o antigo balneario e pasa polo mirador Coto da Pena, que forma un balcón sobre o río Miño. Esta vía estaba intransitable, pola vexetación que a invadía e a súa forte pendiente, que foi correxida con estas obras.

A segunda intervención centrouse na contorna do Baño do Monte. Con ambas melloras, potenciouse un dos recursos naturais de Cortegada, impulsando deste xeito o seu potencial termal, de gran fama e antigüidade, pois a tradición mineromedicinal das súas augas remóntase ao século XV.

Outro aspecto que se abordou nestes traballos foi a mellora da accesibilidade a esta zona, en liña co plan de accesibilidade turística que se presentou recementemente. Así, mentras unha parte da financiación acometida pola Xunta de Galicia realizouse mediante un convenio, a outra procedeu das subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural.

Te puede interesar