Cualedro terá apoio provincial na construción do punto limpo

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) co alcalde do concelllo de Cualedro, Luciano Rivero Cuquejo.
photo_camera Luciano Rivero e Manuel Baltar no Pazo Provincial.
A Deputación tamén se comprometeu a colaborar co Concello de Cualedro noutras actuacións

Luciano Rivero, alcalde de Cualedro, e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, reuníronse este luns no Pazo Provincial para analizar as novas propostas de colaboración formuladas polo rexedor arredor do reforzo dos servizos públicos e a mellora das infraestruturas para os veciños. 

O presidente do goberno provincial valorou como “extremadamente satisfactoria” unha reunión na que se pecharon novos acordos para seguir reforzando a colaboración con Cualedro: “Somos a administración máis próxima á realidade municipal, e cada encontro cun alcalde permite avanzar na mellora da atención aos veciños, reafirmando a nosa aposta por blindar os servizos públicos”, engadiu Baltar. 

En esta liña, a Deputación apoiará a construción do futuro punto limpo de Cualedro, Trasmiras e Monterrei, o que conta co respaldo da Xunta de Galicia. “Unha obra importante no eido medioambiental e que atenderá as necesidades da veciñanza destes tres concellos”, resaltou Manuel Baltar. O alcalde afirmou que “é unha actuación importante que aliviará ao punto limpo da comarca, en Verín”. 

Ademais, o ente provincial tamén se comprometeu con outros proxectos presentados onte por Rivero: unha obra de abastecemento de auga en Lucenza, as melloras dos accesos ao espazo adicado á practica do parapente na Serra do Larouco e unha iniciativa de vivendas sociais perfilada polo Concello e a Consellería de Medio Ambiente, na que a Deputación asumirá a partida do Concello.

Te puede interesar