O emprendemento protagoniza unhas xornadas no Polo de Verín

20230417 Emprendemento Verin2
photo_camera Covadonga Toca, Margarita Ardao e Gabriel Alén participaron na xornada.

O Polo Ourense Centro e Sur -con sede en Verín- acolleu onte a actividade de peche da Semana do Emprendemento que estivo realizando a Xunta dende o pasado 11 de abril para dar a coñecer o servizo de asesoramento permanente e personalizado que está a prestar á cidadanía a Administración autonómica dende a rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Á cita acudiron Covadonga Toca, secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social; Margarita Ardao, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, e Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense. 

A xornada que organizou o Polo Ourense Centro Sur, “Speed dating”, tivo como obxectivo lograr entre as persoas emprendedoras unha comunidade máis forte e que poidan comprobar a súa capacidade para poder presentar o seu proxecto de maneira práctica. Así, na sesión, os participantes falaron sobre eles e o seu proxecto e intercambiaron ideas e impresións en grupo, para poder crera comunidade de emprendemento na provincia. 

 Estes polos de emprendemento teñen como fin apoiar ás persoas emprendedoras cos seus proxectos empresariais en todas as súas etapas, dende o inicio ata o fin. Na actualidade, están en activo oito polos en Galicia, dous deles en Ourense: o de Verín e o Polo Miño Central, con sede en O Carballiño dende o que se presta servizo a 48 concellos de cinco comarcas (Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro e Celanova).

Te puede interesar