ENTREVISTA / LAZA

“As administracións non apostan gran cousa polo rural, pese ao seu discurso"

laza
photo_camera José Ramón Barreal Novo, alcalde de Laza.

Ven de obter a súa segunda maioría absoluta para ser alcalde de Laza , gañando de cada vez un concelleiro logo de botar doce anos como segundo edil de José Ángel García. 

Di de si mesmo que é un revolucionario dentro do seu partido político. As súas respostas poden non deixar indiferente, ten moi claro por ónde debe pasar o futuro do seu concello e non se agocha á hora de dicir que o resto das Administracións, agás a provincial, están a deixar de lado ó rural galego. Ven de obter a súa segunda maioría absoluta, gañando de cada vez un concelleiro logo de botar doce anos como segundo edil de José Ángel García. 

En qué mudou o Concello de Laza cando vostede se fixo ca alcaldía. 

O que fixemos foi sentarnos a unha mesa con concellais que saíron das sucesivas renovacións que fixen, incluso da miña propia lista, e tamén con nosos colaboradores, e estudar as posibilidades que temos de tirar para adiante. Ao final, hai que ser realistas. Aquí hai dous procesos, ou xerar vida e riqueza e que poidas vivir e estar aquí, que é no que estamos inmersos, ou esperar o proceso biolóxico de que a xente morra, os pobos se acaben e o Concello acabe  pechando. Facerse grandes aventuras mentais pensando que vai haber cousas raras que se van instalar no territorio, industrias e demáis, en principio e sendo realista, parece que non vai a ser así. Ademáis, tendo o convencemento de que as Administracións, tanto estatal como autonómica, non apostan gran cousa polo rural, pese o discurso que nos dan, agás o apoio importante que si debo de destacar que se está dando dende a Deputación de Ourense, que si ten claro que se debe apostar polo rural. Pois logo desta análise, chegamos á conclusión de que nós temos un Concello con 240 kilómetros cuadrados, 2.000 kilómetros en pistas entre a natureza, un Concello verde, bonito, regado por cinco ríos… e que sobre él temos que facer un plan a longo prazo dedicado ó turismo.

Véxoo moi implicado nesa empresa, como antes fixo co servizo de emerxencias. 

Conseguimos, despois de moitos anos, ser punteiros en Galicia, ser únicos en materia de emerxencias e Protección Civil. Poida que sexamos o servizo máis potente que hai arestora en Galicia. É un tema que xa funciona por si só e agora quero adicarme en corpo e alma a facer o mesmo pero en materia turística. Eso levará a que teñamos que mudar roles, formas de traballar, que a xente teña que mudar a súa mentalidade, que é o máis difícil. Quero facer un plan para o turismo que faga que este Concello funcione e poidamos vivir deso.

Pero ese plan, dalgún xeito, xa se escomenzara co Santiago Park. 

Esto foi xa o grande esforzo da anterior lexislatura, que sen dúbida nos fixo renunciar a outras obras. Agora debemos agudizalo, porque ben é certo que na outra se volcaron moitos esforzos nese proxecto do Santiago Park, pero agora é a quenda de ver algo máis integral, non só un proxecto aillado, senón que agora todo o resto que se faga en adiante ten que ir incardinado nun plan. Non se poden ir facendo cousas á bolea. Todo o que se faga ten que ir dentro dunha estrutura que obedeza a un plan estratéxico, e xa non só a nivel de Concello de Laza. Creo que o que nós fagamos tamén ten que ir incardinado dentro dunha ambición máis ampla. É dicir, que o que nós fagamos poida ir incluso integrado dentro doutro plan comarcal ou supracomarcal.

Estou entendendo ben? Primeiro fanse as obras e logo virá o proxecto?

As últimas obras que xa se están acometendo, dende todos os puntos de vista, tanto de cultura, de publicacións, de obra pública, todo vai encamiñado cara ás liñas mestras dese plan. Ese plan é a idea. Hai bocetos e pezas soltas, que logo teremos que ordenar. Pero é o que menos me preocupa. É máis importante ter as ideas e saber o que se quere que ó revés. Por desgracia, vivimos sempre a experiencia á inversa. As Administracións nos venden uns macroplans tremendos que lle pagan a unha multinacional un pastón por facelos e logo quedan unhas carpetas con papeis moi bonitas que nunca chegan a nada e só serven para encher mobles. Queremos facer á inversa. A última fase será para polo en papel. 

Será logo a principal industria de Laza a turística?

Sen dúbida algunha, o turismo e os servizos. Pero turismo activo, porque pasivo sobra quen o teña. Na nosa comarca, por desgraza, non existe nin o turismo activo nin o pasivo. Nin temos aloxamentos, nin hostelería, nin turismo activo; nós queremos pór a peza deste último. Estou convencido de que no noso entorno falta cómo entreter á xente que nos visite. 

Ese Santiago Park leva un considerable retraso. A qué foi debido?

Non é que leve retraso, é que se modificou totalmente o proxecto e, polo tanto, a obra. Logo de moito estudalo e analizalo, chegamos á conclusión de que o proxecto inicial non valía, non tiña encaixe, non tiña recorrido ningún. Preferimos recuar, retomar o proxecto e encaixalo dentro desta planificación e montar un novo que disparou o seu prezo en máis de 400 mil euros. 

Podemos dar unha data definitiva da súa inauguración?

Non me atrevo, son máis de últimas tellas que de primeiras pedras. Estamos traballando a idea dos aloxamentos, que é algo que nos preocupa. Non podemos montar un proxecto de turismo activo se non tes onde poder durmir e comer. Estamos traballando na liña de cómo meter aloxamentos perto ou no mesmo parque. 

Por certo, segue esa limitación a 30 km/h en Arcucelos?

Non sei como vamos a facer. Eso ten consecuencias moi graves, porque un que pase a 60 comete un delicto. Eso é unha barbaridade. A xente que fixa este tipo de límites vive noutra galaxia. Están nun despacho moi cómodo e que máis lles da poñer un sinal para limitar a velocidade a 30 kilómetros por hora. É unha mostra da desconexión da política ca xente.n

Te puede interesar