Monterrei acolle unha formación sobre apicultura: cando e onde

concello monterrei
photo_camera A casa consistorial de Monterrei. (Foto: C. C.).
A cita celebrarase na Biblioteca Municipal en Albarellos durante a mañá e tarde do sábado

O Concello de Monterrei organiza un curso de apicultura este sábado. Estará impartido pola Asociación Apícola Abellas Nais e prolongarase durante toda a xornada, pois contará con clases de teoría e despois, os participantes, terán a oportunidade de poñer en práctica o aprendido. 

Esta formación versará sobre o manexo de enxames, a división e control de cría. A parte teórica desenvolverase na Biblioteca Municipal de Albarellos, en horario de 10,30 a 14,00 horas. Xa pola tarde, de 16,00 a 18,00 horas será o momento de poñer en práctica o aprendido, para o que é necesario levar o traxe e a organización informa de que “a práctica poderá realizarse sempre que o tempo o permita, se non se pode terase que cancelar”. 

Esta actividade está financiada pola Consellería de Medio Rural; o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e os fondos Feaga da UE. 

Te puede interesar