Turismo

O Museo de Verín suma máis de 27.100 visitantes

As actividades desta nova etapa estanse encamiñando ao público máis novo.
photo_camera As actividades desta nova etapa estanse encamiñando ao público máis novo.
Dende a súa recente reapertura, o pasado 29 de xullo, a mostra congregou a 182 visitantes, sumando 27.100 dende a súa inauguración, no ano 2017

O Museo Claustro Mercedario de Verín foi un dos espazos que a pandemia do covid obrigou a pechar. Dende a súa recente reapertura, o pasado 29 de xullo, a mostra congregou, en total, a 182 visitantes, sumando 27.100 dende a súa inauguración, no ano 2017. 

Unha das actividades que se están a realizar dende o espazo son as visitas guiadas de aforo moi reducido cos menores da comarca. Nelas aprenden sobre a tradición do contrabando na raia, as orixes das caretas do cigarrón, a importancia do viño para a sociedade, cales son as aves que viven nos montes e os seus nomes autóctonos. Do mesmo xeito, poden ver de cerca o antigo proxector do cine Buenos Aires e descubrir a importancia que tivo o cinema para o desenrolo do ocio na vila verinesa.

Para as visitas habituais, o museo estableceu un percorrido que evite as aglomeracións. Os coordinadores da mostra piden responsabilidade aos visitantes e atención ás indicacións do persoal á vez que os animan a acudir ás instalacións  -de mércores a sábado- sen medo e con total seguridade.

Te puede interesar