Obradoiro

O obradoiro de froiticultura da Mancoumunidade de Verín coñece o Inorde

visita obradoiro monterrei al inorde
photo_camera Alumnos do obradoiro no Centro Agrogandeiro do Inorde. (Foto: cedida).
O Inorde aposta pola formación dos novos profesionais

O alumnado do "Obradoiro de Froiticulutra Mocidade de Verín" da Mancomunidade de Municipios de Monterrei visitaron hoxe as instalacións do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde. 

O motivo da visita é que os alumnos, acompañados do seu monitor, coñezan os procesos básicos da sistemática de análise de solos, ademais das accións e servizos que o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico realiza no ámbito do sector primario provincial.

Na actividade tratouse a importancia que ten coñecer as necesidades dos cultivos, o respecto e os coidados que o agricultor lle debe dispensar ó solo de cultivo e a determinación e o control de pragas e enfermidades.

Tamén se lle explicou aos mozos e mozas do obradoiro de emprego a problemática dos agricultores de nova incorporación, a transición ecolóxica e a necesaria vinculación entre agricultura e medio natural.

Dende o Inorde consideran que a formación dos novos profesionais é unha liña de traballo esencial e, por iso, este tipo de iniciativas supoñen unha parte fundamental dos servizos que este organismo presta en apoio ao sector primario da nosa provincia.

Te puede interesar