Obras

Obras en Verín: mellora da accesibilidade nunha beirarrúa do centro urbano

photo_camera As obras en Verín. (Vídeo: C. C.).
O Concello de Verín destina operarios neste lugar

O Concello de Verín mobilizou aos seus operarios para que acondicionen un tramo de beirarrúa no centro urbano de Verín, colindante a un colexio -CEIP Amaro Refojo- e ao casco vello da vila do Támega.

En dita actuación, que comezou fai unhas semanas, estase mellorando a accesibilidade e a seguridade na zona, unhas obras que completarán as que se realizaron no cruce da avenida de Laza coa rúa Rosalía e o casco vello de Verín. Nas que se mellorou o acceso a dita zona vella e se incluíron semaforos para controlar o fluxo do tráfico rodado. 

Coa mellora da entrada á rúa Mariano Carrero dende a estrada principal, a OU-113, daranse por finalizadas as obras de mellora de dita zona, reforzando así, a seguridade e a accesibilidade.

Te puede interesar