O PSOE critica o estado da auga potable de Riós

Concello de Riós (foto: Martiño Pinal)
photo_camera Concello de Riós (foto: Martiño Pinal)
Dende o Concello aseguran que “foi un problema puntual e tratouse”

O Partido Socialista de Riós critica que o PP “leva escondendo dende o 26 de xuño unhas analíticas de autocontrol da auga que amosan que non é apta para o consumo”, sinalan. Cualifican a situación como “extremadamente grave” debido a que o Concello “non alertou, nin informou en ningún momento desta situación, poñendo en perigo aos veciños”. Unhas analíticas de xuño de autocontrol da calidade da auga amosaban que esta non era apta para o consumo, polo que os socialistas describen a situación de “un caso de grave perigo para a saúde pública”.

A alcaldesa Eva Barrio considera “irresponsable facer este tipo de declaracións sen preguntar nada no Concello antes, pois o único que conseguiron foi crear unha alarma social, onde non había ningún problema sen solucionar”. O Concello lanzou un bando onte para informar á veciñanza de que “non se comunicou nada pois o protocolo e Sanidade non o consideraron oportuno, tratouse dun problema puntual e nun punto concreto da rede”, recordando que “a auga é potable e cumpre todos os requisitos sanitarios”. 

Te puede interesar