Queda aberto o prazo para os obradoiros do cigarrón

O Concello de Verín organiza un obradoiro para aprender a facer o traxe de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os interesados poden inscribirse até o día 10 de decembro na Casa do Concello, na oficina de información (planta baixa), onde se lles facilitará unha relación dos materiais que precisan para desenvolver con normalidade as actividades.
As actividades formativas comezarán o 10 de decembro e rematarán antes do Xoves de Compadres. Serán en grupos de 10 persoas. De non haber demanda mínima para un grupo en cada actividade, o obradoiro aprazarase para o 2014-2015, coa intención de convocalo no sucesivo cada dous anos.

As persoas que queiran facer o traxe completo deberán ter libres os luns e martes, entre as 15,30 e 19,30 horas. No caso de facer só o traxe, os martes das 15,30 ás 19,30; e para facer só a careta, os luns das 16,00 ás 19,00 horas.

O prezo da inscrición para facer o traxe e a careta é de 65 euros, e o traxe completo de 85.

Te puede interesar