Riós formarase en dixitalización dentro do sector da castaña

Soto de castaños en Riós (MIGUEL ÁNGEL).
photo_camera Soto de castaños en Riós (Foto: Miguel Ángel).
A cita celebrarase este mércores, 1 de decembro, no edificio multiusos de Riós

O edificio multiusos de Riós acolle este mércores, 1 de decembro, unha xornada de dixitalización no sector da castaña. O Inorde promove esta cita co obxectivo de sensiblizar aos profesionais e ás empresas deste tecido produtivo da importancia de aplicar as novas tecnoloxías para afrontar a transformación competitiva destes cultivos.

Baixo o título “Castiñeiro e necesidades de dixitalización aplicadas en campo” ofrecerán asesoramento aos produtores para aumentar a súa rendibilidade, tanto en relación á diminución de custes de cultivo como no aumento de beneficio que lle pode reportar a mellora no referente á calidade.

Os temas a analizar durante a xornada en Riós serán a dixitalización e modernización do cultivo da castaña, a sensorización dos soutos, a modernización de pragas e enfermidades e os sistemas de aviso e estimación de datos.

Te puede interesar