LAZA

Romaría en Cerdedelo pola Virxe da Penatallada

Imaxe da figura da Virxe de Penatallada situada na rocha (foto: Miguel Ángel).
photo_camera Imaxe da figura da Virxe de Penatallada situada na rocha (foto: Miguel Ángel).
Un ano máis, a parroquia de Cerdedelo, en Laza, composta polos núcleos de Cerdedelo e O Pereiro, celebra unha romaría na honra da Virxe de Penatallada

Esta venres, a partir das 21,00 horas,  os veciños poderán desfrutar de pinchos no bar da comisión. Posteriormente, a amenización musical correrá a cargo da orquestra “Ritmo Joven”.

Pero os actos máis importantes serán o sábado. A partir das 12,00 horas sairá a tradicional procesión coa figura da virxe ata a capela da Nosa Señora da Penatallada, con misa e a participación da coral “Cantarela” de Riós.

Á tarde, “Mirito” Mateo dará un concerto de acordeón na igrexa parroquial ás 18,00 horas, que servirá como presentación do seu libro “A árbore do pan”. Ao longo do día haberá pasarrúas coa charanga “Bicoia” e, pola noite, actuación da orquestra “Takicardia”.

Por último, o domingo haberá de novo misa e procesión en Penatallada á 13,00 horas. Antes e despois o grupo de gaiteiros “Feiticeiros do Son” amenizaran musicalmente este día de peche da festa.

A tradición conta que a Virxe aparecéuselle a uns pastores de Cerdedelo sobre unha rocha e encargoulles a misión de erguer unha capela no lugar lugar, que data do século XIX e está ubicada na estrada que vai cara Camba.

Porén, o nome desta virxe vén por unha rocha alí situada que alberga unha figura da virxe, como se estivera “na pena tallada”.

Te puede interesar