MONTERREI

Seoane reclama a Feijóo que la Xunta se implique en Tamagos

O alcalde de Verín pediulle expresamente a “implicación e colaboración” do Goberno da Xunta para acadar o desbloqueo e promover o desenvolvemento do Polígono Industrial de Tamagos

Aínda que inicialmente estaba previsto que a entrega do estudo de viabilidade do polígono de Tamagos ao presidente da Xunta tivera lugar no momento da inauguración oficial da décimo primeira edición da feira do viño de Monterrei, Seoane Fidalgo viuse obrigado a agardar ata pasadas as 22,30 horas para alcanzar o seu obxectivo. Non foi no escenario previsto, pero si logo de que rematase a cerimonia de nomeamento dos novos cofrades da Denominación de orixe.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, pediulle expresamente a “implicación e colaboración” do Goberno da Xunta para acadar o desbloqueo e promover o desenvolvemento do Polígono Industrial de Tamagos, aprobado polo Executivo autonómico en abril de 2011, mediante un convenio co IGVS e o Concello de Verín.

O convenio ao que aludiu o alcalde recolle as actuacións necesarias para o desenvolvemento do Polígono de Tamagos, un chan industrial no que a Xunta de Galicia é propietaria do 75% das 127 hectáreas do futuro parque, situado no mellor eixe central e viario da Galicia interior sur e con privilexiado acceso a Portugal. Seoane Fidalgo está interesado en chegar a un acordo que lle permita asumir o impulso desta actuación, iniciando dende o ámbito municipal unha primeira fase do parque, de acordo coas suas posibilidades. 

Te puede interesar