Festas patronais

Os veciños de Bousés celebran a súa VIII Festa da Xuventude

bousés (3)
photo_camera Participantes na andaina polos lagares rupestres o xoves.
Os encargados de organizar a cita son os mozos da aldea, que non queren quedar sen esta tradicional festa

Tras dous anos sen poder celebrar a Festa da Xuventude de Bousés, esta aldea de Oímbra retomou as súas festas patronais en honor a Virxe do Bo Suceso. Arrincaron cunha andaina polos lagares rupestres da aldea o xoves, para empatala cun torneo de tute e con días de música e troula. 

bousés (1)
Misa campestre.

Este sábado, os veciños da aldea celebraron unha misa campestre e desfrutaron do baile da man da charanga Fuego e da orquesta Escaparate. Este domingo culminan a tan ansiada cita cunha procesión e misa pola Virxe amenizada pola Banda de Bousés, e unha comida na que o polbo será o prato principal.

bousés (2)
Cita coa charanga Los Támega.

É a oitava cita que organizan os mozos da aldea. “Ano tras ano imos facendo máis cousiñas, e intentamos facer de todo para todos os gustos, penso que a xente está contenta e nós tamén, porque non queremos que desapareza a festa”, conta Inma Fernández, integrante da comisión. Tal é o crecemento desta celebración, que este ano “podemos chegar ás mil persoas participantes”, engade Fernández, orgullosa do traballo realizado da comisión.

Te puede interesar