Verín acolle unha charla sobre a muller en México

Mosqueda, psicóloga e profesora de universidade en Irapauto, leva moitos anos traballando na educación e orientación de xénero.

O pasado mércores 24 de agosto, ás 20.15 horas, Lorena Mosqueda Juárez, psicóloga experta en xénero, impartiu a conferencia “ser muller en México” no salón de actos da Casa da Cultura de Verín. mosqueda, que afirma sentirse "moi unida a Galicia", quixo amosar nesta visita a Verín a través dunha charla veraniega e refrescante "a realidade da muller mexicana" que, a pesares das loitas polo respecto aos seus dereitos cívicos, políticos, laborais e huma- nos, continúa, no século XXi a non superar as moitas desigualdades existentes.

Mosqueda, psicóloga e profesora de universidade en Irapauto, leva moitos anos traballando na educación e orientación, especializándose na perspectiva de xénero e na violencia que sofren as mulleres deste país americano.

Devandita conferencia, de carácter gratuíto, estivo organizada pola propia poñente coa colaboración do Concello de Verín. Preto dun cento de veciños acudiron á presentación para escoitar a visión da experta, que logrou unha gran acollida na vila verinense.

Te puede interesar