Verín encheu o auditorio no acto de entrega dos premios aos escolares

O Concello resolveu os concurso das modaldiades de poesía e narrativa

Verín tamén vivíu onte a celebración do Día das Letras Galegas, poñendo o punto final coa entrega de premios aos certames convocados entre os escolares dos diferentes colexios da vila.  O espacio elexido para desenvolver este acto  foi o novo Centro das artes Escénicas , que viviu onte outro dos seus principais cheos desde que foi inaugurado con gallo da celebración da Gala das Letras. 

Na gala, que deu comezo pasadas as sete da tarde, recitaronse os poemas gañadores do Certame de Poesía e leronse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto. 

Coa gala de entrega dos premios poñíase punto final a un proceso que foi precidido por unha fase de selección de centros, na que cada un dos colexios e institutos participantes escolleu, en cada unha das dúas modalidades, un máximo de tres traballos en cada un dos tres niveis (Primaria e 1º e 2º de ESO) . 

Na xornada de onte fixéronse públicos os resultados da selección final e todos os escolares que foron seleccionados nos centros respectivos para participar nesta fala final recibiron un lote de libros e un diploma acreditativo. 

Ademais, en cada un dos tres niveis, o traballo seleccionado como primeiro premio obtivo 90 euros; o segundo, 60; e o terceiro, 30 euros, uns premios que estaban financiados polo Concello de Verín.

 O CEIP Amaro Refojo, o Colexio Privado Plurilingüe María Inmaculada de Verín, o CEIP de Laza e CEIP de Medeiros presentaron, en total, 18 alumnos finalistas en Primaria. 

En ESO, os alumnos que resultaron finalistas foron 24 e  procedían dos institutos  Castro de Baronceli e Xesús Taboada Chivite, así como  do colexio Plurilingüe María Inmaculada. 

No Certame de Relato Curto o número total de finalistas que participaron no concurso ascendeu a 26 alumnos, mentres que no de poesía foron 16. 

Te puede interesar