OBRAS

Verín pon en marcha as obras de reforma da Estrada de Laza

20160831225436268_result
photo_camera Primeiros traballos para derrubar dúas casas situadas na Estrada de Laza.

O proxecto, cun presuposto de 300.000 euros, inclúe un carril bici dun kilómetro de lonxitude

O Concello de Verín procedeu a executar o derrubamento de dous inmobles situados no número 15 da Estrada de Laza. Esta acción permitirá o inicio das obras de reforma deste viario que dá acceso ó Hospital de Verín, sendo un dos máis transitados da vila. A obra forma parte da terceira fase do Plan de Rehumanización elaborado polo propio consistorio en colaboración coa Xunta de Galicia, e que consiste no acondicionamento, reordenación do aparcamento e asfaltado da estrada.

Esta actuación suporá tamén a creación do primeiro carril bici urbano da vila, que terá un quilómetro de lonxitude. O concello prevé que isto permita reducir o tráfico automobilístico no tecido urbano, ademais de fomentar os hábitos saudables. 

As obras contan cun orzamento total de máis de 300.000 euros,  investimento no que se contempla, a supresión dos aparcadoiros en batería na rúa, que foron sinalados nun informe como os principais desencadeantes da siniestralidade viaria nesta zona, ao saír os turismos á vía marcha atrás, invadindo o vial de tránsito sen a debida visibilidade. 

O proxecto tamén inclúe a creación dun bulevar para o tránsito peonil e se ampliarán as beirarrúas, que estarán separadas dos carrís empregados só para o tráfico rodado. 
 

Te puede interesar