Emprego público

Oferta de traballo en Vilardevós: postos, prazos e requisitos

concello de Vilardevós
photo_camera A casa consistorial de Vilardevós. (Foto: C.C.).
O Concello busca un albanel e catro pións

O Concello de Vilardevós aprobou as bases para a contratación de cinco persoas para postos temporais: un oficial de segunda albanel e catro pións de obras públicas e xardinería para a brigada municipal de obras e servizos do municipio de Vilardevós.

A oferta de emprego, que seguirá o sistema de concurso oposición, fíxose pública no Boletín Oficial da Provincia de Ourense o 15 de maio, polo que os interesados poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 09,00 a 14,00 horas, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio.

Os interesados en optar a estes cinco postos de emprego ofertados polo consistorio deberán recoller os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público na casa consistorial e tamén na sede electrónica do Concello de Vilardevós.

Te puede interesar