Os socialistas de Vilardevós lamentan o estado da Cidadella: basura e paneis desgastados
Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós, asegura que cumplen con los mantenimientos
O PSdeG de Vilardevós critica o abandono das áreas recreativas do concello, entre as que se atopa a Cidadella, dentro da ruta do Contrabando: "Non fan mantemento de nada, antes rompíase un pau e púñase novo, agora non", explica Julio Prada, portavoz dos socialistas.
Ante a crítica da oposición, Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós, asegura que "nós realizamos o mantemento destas zonas, aínda a pasada semana foron a limpar os contedores e recoller o lixo", engadindo que "o que pasa é que a oposición colleu un momento no que se encheu unha papelera, porque non temos alí todos os días unha persoa da mañá á noite", sobre o estado dos contedores de lixo en A Cidadella, motivo da última crítica socialista.
Prada destaca que "non vale de nada poñer papeleras se despois non se recolle o lixo, é unha pena que pase nun sitio tan bonito", ademais da maleza na ruta del Contrabando. Cardoso explica que "fai pouco estivo un obreiro limpando durante dúas semanas os sendeiros e a zona".
A pesar disto, os socialistas insisten na crítica da xestión do Partido Popular, xa que "o denominador común dos gobernos populares é facer que todo o que fixeron os demais non exista, e aiquí en Vilardevós tamén o cumplen a rajatabla, véxase o estado da Cidadella... Que por moito que digan, todo se vai estragando", conclúe Prada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas
EVACUACIÓN MILITAR ESPAÑOLA
Llegan a España más de 200 militares evacuados de Irak por la guerra en Irán