AUDIOVISUAL

Os voluntarios volverán ao Festival de Curtas de Verín

20171102202847075_result
photo_camera Voluntarios que participaron la organización do Festival de Curtas do ano pasado.

Serán estudantes universitarios de Xornalismo e Comunicación Audiovisual

O Festival Internacional de Curtas (FIC) de Verín, que se celebrará na capital do Támega entre os días 1 e 10 de decembro, volverá a contar este ano con estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) como voluntarios. Serán alumnos dos graos de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, que realizarán tarefas de prensa, xestión de redes sociais, realización e producción audiovisual durante a celebración do evento.

Con esta finalidade, o Concello de Verín renovará o convenio que asinou o ano pasado co Servizo de Participación e Integración Universitaria para contar coa participación dos estudantes voluntarios na organización do certame. Segundo sinala o director do Festival, Carlos Montero, este convenio "supón unha oportunidade de voluntariado enfocada á vida profesional destes estudantes, que terán a oportunidade de traballar con expertos do sector e participar activamente e in situ na producción integral dun evento internacional como é o Festival de curtas de Verín.

Todos aqueles estudiantes que estean interesados en participar na preproducción e no desenvolvemento do Festival como voluntarios deberán ser maiores de 18 anos e poden enviar xa a súa solicitude á organización, mediante un cuestionario que poden descargar na páxina web do FIC. Segundo indican os responsables da organización deste evento, para ser partícipe e colaborar nesta edición do Festival non é necesario ningún tipo de requisito, nin ter experiencia previa, "tan só ser unha persoa predisposta e amante do cinema que queira colaborar de xeito altruísta".

Os voluntarios conseguirá un diploma de recoñecemento por participar na organización do Festival.

Te puede interesar