A Xunta inviste nos obradoiros da Mancomunidade de Verín cerca de 400 mil euros

visita de gabriel alén a la mancomunidad de verín (c.c)
photo_camera Las autoridades con los alumnos de la formación. (Foto: Concha Caneiro).
Gabriel Alén visitou o centro de formación da Mancomunidade este mércores

O programa de emprego "Mocidade da Mancomunidade de Verín V" recibe unha inversión da Xunta de Galicia de case 400.000 euros, abarcando o obradoiro de atención sociosanitaria en institucións sociais e froitocultura.

No programa, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, participan 16 alumnos e impártense esas dúas especialidades, sobre as que José Luis Suárez, presidente da Mancomunidade, salienta que "son instrumentos importantes para tratar de insertar laboralmente ás persoas", considerando que "cos últimos módulos que estamos impartindo demos no cravo e penso que é o camiño a seguir". 

Así, Suárez fixo constar esta idea da man de Ana Carrajo, directora do obradoiro, e de Gerardo Seoane, alcalde de Verín, nunha visita ao centro de formación da Mancomunidade. Ata o lugar tamén se achegou Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense.

O representante do Goberno autonómico destacou que "a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación". Ademais, Alén aprobeitou a oportunidade para felicitar aos participantes: "porque teredes a oportunidade de formarvos durante meses e de traballar para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa
empregabilidade".

Respecto á parte práctica das formacións, o programa de froitocultura desenvólvese no Centro Agrogandeiro do INORDE en Monterrei, mentres que o módulo de atención sociosanitaria, na Residencia do Toural e na Residencia dos anciáns desamparados de Verín.

738.984 euros 

A Xunta inviste un total de 738.984 euros en dous obradoiros na provincia de Ourense, que darán formación a 32 alumnos-traballadores en especialidades formativas como repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, froitocultura ou atención sociosanitaria en institucións. 

As entidades promotoras dos programas son os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello de Galicia. A Xunta de Galicia financia os gastos derivados da posta en marcha e desenvolvemento do programa e os custos de contratación das persoas mozas participantes.

Te puede interesar